top of page

Salta da cama!

image.png

Radio Estrada é a radio municipal máis madrugadora de Galicia. Cada mañá, cando o reloxo marca as oito, Pablo García fai saltar da cama a toda a audiencia da emisora. O seu programa, de dúas horas, é moi seguido polos oíntes, que participan e piden as súas cancións. Os que sempre están ao outro lado son os saltonciños, o alumnado dos centros educativos da zona que sintoniza coa emisora nos autobuses camiño da escola.

bottom of page