top of page

Sobre Ondas de Aquí

Ondas de Aquí é unha reportaxe multimedia que ten por obxecto revisar a situación das radios municipais que funcionan en Galicia, partindo dos seus inicios en 1980 coa posta en marcha da efémera Radio As Mariñas, en Oleiros, e seguindo coa creación do colectivo EMUGA e doutras decenas de emisoras nos diferentes concellos da comunidade. O proxecto incluíu unha actualización da listaxe das emisoras en activo, cunha serie de datos sobre o seu funcionamento que permiten entender a realidade actual destes medios de comunicación.

Sobre o autor

Son Carlos Julio González e Ondas de Aquí é o Traballo de Fin de Grao dos meus estudos en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. A miña paixón pola radio naceu na escola e con once anos comecei a colaborar coa emisora de Radio Voz na comarca de Valdeorras. Despois, colaborei tamén coa Radio Televisión Municipal de Quiroga, Fórmula Fun Galicia, Onda Cero Valdeorras, Somos Comarca, FutbolinGalicia, Galicia en Goles (Radio Galega) e traballei na delegación do xornal El Progreso en Monforte de Lemos.

IMG_7852-removebg-preview.png

Contacta

Correo electrónico

Redes sociais

  • Facebook
  • X
  • LinkedIn
  • Instagram

Grazas pola mensaxe!

bottom of page